martes, 10 de mayo de 2011

So-a-Vela

"En fronte, a pouca distancia están as illas (para min "Sias"), illas dos deuses ou dos "afortunados", os que están no descanso eterno. Aquí, onda o cabo, está o Home. Pero o "cabreo" grande é ler e esciotar a outra grande barbarie da actual listeza: a denominación desa costa que vemos en Cabo do Home. É a costa de "So-a-vela". Durante toda a miña vida de rapaz, de adolescente, de xoven, de maduro...sentín chamala así. Os vellos, os non vellos, todos así a chamaban. Tiven que chegar a ancián para ouvir iso de "Costa da Vela", "Costa das Velas", "Costa de la Vela", etc...¡Veña deportivismo "a tope"! ¡veña frivolidade!. E é, non ten volta "COSTA DE SO-A-VELA". O cal quere dicir "Costa baixo vixilancia". ¿Xa non se sabe a preposición "so", a de "so capa de", "so pretexto de", que ven do latino "sub"?. ¿Xa se esqueceron de que "vela" á parte de "tela forte nun mastro dunha embarcación", pode significar "acción de estar esperto ou atento no tempo en que outros dormen"?. E esa costa, precisamente, co seu Facho (grande luminaria) ten sido, durante moitos séculos, o lugar desde o que, homes espertos, atentos, vixiantes, nos teñen avisado de moitas, variadas desgrazadas invasións.

Homes que viviron aí desde hai máis de dous mil anos, que foron, sen sabelo, os primeiros "morracenses". Porque agora xa vivimos a beiriña do mar. En Cangas, en Bueu, en Moaña, en Marín, en Vilaboa... Antes non se podía. Non había civilización. Agochabámonos nos montes. Viñan os invasores, os que destruían...Agora hai os "civilizados", que, se acaso, destrúen as linguas, as palabras...

É así tamén a historia, a nosa historia... No comenzo da península, un faro. No remata, en SO-A-VELA, un Facho, que cando se vía aceso, indicaba perigo de invasión. No medio o Gagán, que significa "esculca". Todo vixiancia. Homes espertos. Antes"


Extracto do texto "Do Faro de Domaio a costa de So-a-Vela" de Bernardino Graña. Poeta e bo veciño.

Grazas ós que coma el, nos abren os ollos!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario